3.2.15

xaneiro-febreiro

Comezamos este novo ano 2015 con moitos proxectos, celebracións e traballo.
O venres 23 de xaneiro celebramos o día da INFANCIA MISIONEIRA co lema “Eu son un deles”. Ese mesmo día festexaremos o día do NIÑO JESÚS DE PRAGA cunha actividade solidaria en colaboración con Ayuvi, asociación de axuda ás nais máis necesitadas. O xoves anterior, día 22, teremos a visita do profesor David Viso de Entreculturas, ONG para a educación e o desenvolvemento. Estes serán días nos que trataremos aspectos da misión como entrega, solidariedade e colaboración.
O venres 30 de xaneiro celebramos o día escolar da NON VIOLENCIA E A PAZ, conmemorando o día no que foi asesinado Mahatma Gandhi.


Xa en febreiro, o venres 6 celebraremos a CAMPAÑA CONTRA A FAME. Reflexionamos sobre a erradicación da pobreza e a fame no mundo. O día do BOCATA é unha festa tradicional no noso centro, na que nos implicamos sendo un pouco máis solidarios. Haberá actividades deportivas organizadas polo departamento de Educación Física.
O venres 13 de febreiro será a festa do ENTROIDO. Os alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria celebran este día con desfile, música, karaoke, e alimentos típicos destas datas. Non haberá clase o luns 16, martes 17 e mércores 18 de marzo.


Un cordial saúdo.                                                                            A DIRECCIÓN