Comezamos este novo ano 2015 con moitos proxectos, celebracións
e traballo.
O venres 23 de xaneiro
celebramos o día da INFANCIA MISIONEIRA co lema “Eu son un deles”. Ese
mesmo día festexaremos o día do NIÑO JESÚS DE PRAGA cunha actividade solidaria en
colaboración con Ayuvi, asociación de
axuda ás nais máis necesitadas. O xoves anterior, día 22, teremos a visita do
profesor David Viso de Entreculturas,
ONG para a educación e o desenvolvemento. Estes serán días nos que trataremos aspectos
da misión como entrega, solidariedade e colaboración.
O venres 30 de xaneiro celebramos o día escolar da NON VIOLENCIA E A
PAZ, conmemorando o día no que foi asesinado Mahatma Gandhi.
Xa en febreiro, o venres 6
celebraremos a CAMPAÑA
CONTRA A FAME. Reflexionamos sobre a erradicación da pobreza e a
fame no mundo. O día do BOCATA é unha festa tradicional no noso centro, na
que nos implicamos sendo un pouco máis solidarios. Haberá actividades deportivas
organizadas polo departamento de Educación Física.
O venres 13 de febreiro será a festa do ENTROIDO.
Os alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria celebran este día con desfile,
música, karaoke, e alimentos típicos destas datas. Non haberá clase o luns 16,
martes 17 e mércores 18 de marzo.
Un cordial saúdo. A
DIRECCIÓN