15.1.14

XANEIRO-FEBREIRO 2014

Dámosvos a benvida ao novo ano 2014.
Comezamos este trimestre con distintas actividades e celebracións.

O venres 24 de xaneiro é o día do Niño Jesús de Praga.
Neste mes celebraremos a Infancia Misioneira lembrando que todos somos misioneiros e estamos chamados a axudar aos que teñen menos recursos.


O xoves 30 é o día escolar da Non Violencia e a Paz. Pola tarde realizaremos distintos actos para todos os alumnos. Este ano, como escola amiga de UNICEF, os alumnos da ESO prepararán materiais que presentarán aos alumnos de Infantil e Primaria.


Xa en febreiro, o venres 7 dentro da Campaña contra a Fame celebraremos o día do Xaxún Voluntario, un día para reflexionar sobre a pobreza e a fame no mundo.

Os alumnos de Primaria e ESO tomarán un “bocata” no patio e despois participarán en distintas actividades lúdicas e deportivas.



O venres 28 de febreiro festexaremos o Entroido no Centro. Este ano, ademais do desfile tradicional, haberá un concurso de disfraces temático por clase. Cada unha presentará o seu tema aos demais alumnos con música e baile.
As vacacións de entroido son o 3, 4 e 5 de marzo.


Moi bo trimestre a todos.                                                                        
A DIRECCIÓN