3.12.13

DECEMBRO 2013

Estimadas familias,

Comezamos un mes moi especial, cheo de ilusións, traballo e bos desexos para toda a comunidade educativa. 

Como tódolos anos, a ANPA                              organiza o concurso de postais de Nadal, que poderedes ver expostas no colexio neste mes de decembro.

Os premios entregaranse o día 20.
Este mesmo día celebramos o Día Internacional da Solidariedade, xunto coas demais escolas Amigas de Unicef.

As Voluntarias da Caridade invítannos, un ano máis, a participar na campaña de Nadal, levando ao Centro alimentos para as familias con menos recursos. Fomentar a solidariedade entre os nosos alumnos é un rasgo distintivo dos nosos centros.

Os Reis Magos visitarán o colexio o venres 13 pola tarde e traerán sorpresas para todos.

O festival de Nadal para as familias será o xoves 19 ás 15:15h, coas actuacións dos alumnos de E.Infantil, E.Primaria e ESO. Os alumnos de ESO tamén participarán na presentación e organización do acto. Unha vez rematado o festival, ás 18:00h haberá unha merenda para as familias organizada pola ANPA no comedor.

A entrega de notas da primeira avaliación será o  venres 20.

As vacacións de Nadal comezarán ese mesmo día 20 ao mediodía (haberá servizo de comedor ata as 15:00h) e estaremos de volta o xoves 9 de xaneiro.

Esperamos que nestas datas a rutina se convirta en sorpresa, os enfados en sorrisos e as tristuras en esperanzas.                          

                                                ¡MOI BO NADAL!