17.4.13

RESULTADOS PROBAS DE DIAGNÓSTICO CURSO 2011-2012


Estimados pais, comunicámosvos que as probas de diagnóstico, feitas o curso pasado, que miden o nivel académico dos centros en Galicia, e que son realizadas pola Consellería de Educación; dan como resultado que o noso centro supera a media de Galicia e tamén a media dos centros que teñen o mesmo ISEC (índice socioeconómico e cultural). O colexio Niño Jesús de Praga atópase no ISEC alto.

Todo isto anímanos a seguir traballando por unha educación de calidade, de prestixio e chea de valores, que dé aos nosos alumnos ferramentas útiles para ser adultos preparados no futuro.

Moitas grazas tamén ás familias pola vosa colaboración e por deixarnos participar  na educación e preparación dos vosos fillos.

A dirección.




RESULTADOS DAS PROBAS DE DIAGNÓSTICO DO CURSO 2011-2012
Realizada a proba de avaliación de diagnóstico en cumprimento do establecido na Lei orgánica de educación 2/2006 do 3 de Maio, expóñense os resultados do centro en relación ás competencias avaliadas:
○Competencia matemática.
○Competencia en comunicación lingüística.
○Competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico.

Utilízase o Índice Socioeconómico e Cultural (ISEC) como elemento definitorio do contexto dos centros, co fin de realizar unha apreciación contextualizada dos seus resultados. Hai varios niveis: baixo, medio baixo, medio alto e  alto. O grupo ISEC ao que pertence o colexio Niño Jesús de Praga é alto.
En Educación Primaria as probas tiveron os seguintes resultados:
Competencia matemática:
A diferencia do noso centro é relevante con respecto á media de Galicia e relevante con respecto aos centros do mesmo grupo ISEC.

Competencia en comunicación lingüística
A diferencia do noso centro é relevante con respecto á media de Galicia e relevante con respecto aos centros do mesmo grupo ISEC.

Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico:
A diferencia do noso centro é relevante con respecto á media de Galicia e relevante con respecto aos centros do mesmo grupo ISEC.

En Educación Secundaria as probas tiveron os seguintes resultados:

Competencia matemática:
A diferencia do noso centro é relevante con respecto á media de Galicia e relevante con respecto aos centros do mesmo grupo ISEC.

Competencia en comunicación lingüística
A diferencia do noso centro é superior con respecto á media de Galicia e superior con respecto aos centros do mesmo grupo ISEC.
  
Competencia no coñecemento e a interacción co mundo físico:
A diferencia do noso centro é relevante con respecto á media de Galicia e superior con respecto aos centros do mesmo grupo ISEC.