Estimados pais, comunicámosvos que as probas de
diagnóstico, feitas o curso pasado, que miden o nivel académico dos centros en
Galicia, e que son realizadas pola Consellería de Educación; dan como resultado
que o noso centro supera a media de Galicia e tamén a media dos centros que
teñen o mesmo ISEC (índice socioeconómico e cultural). O colexio Niño Jesús de
Praga atópase no ISEC alto.
Todo isto anímanos a seguir traballando por unha educación de
calidade, de prestixio e chea de valores, que dé aos nosos alumnos ferramentas
útiles para ser adultos preparados no futuro.
Moitas grazas tamén ás familias pola vosa colaboración e por
deixarnos participar na educación e
preparación dos vosos fillos.
A dirección.
RESULTADOS DAS PROBAS DE DIAGNÓSTICO
DO CURSO 2011-2012
Realizada a proba de avaliación de diagnóstico en cumprimento
do establecido na Lei orgánica de educación 2/2006 do 3 de Maio, expóñense os
resultados do centro en relación ás competencias avaliadas:
○Competencia
matemática.
○Competencia en
comunicación lingüística.
○Competencia no
coñecemento e na interacción co mundo físico.
Utilízase o Índice Socioeconómico e Cultural (ISEC) como
elemento definitorio do contexto dos centros, co fin de realizar unha
apreciación contextualizada dos seus resultados. Hai varios niveis: baixo,
medio baixo, medio alto e alto. O grupo
ISEC ao que pertence o colexio Niño Jesús de Praga é alto.
En Educación Primaria
as probas tiveron os seguintes resultados:
Competencia matemática:
A diferencia do noso centro é relevante con respecto á media
de Galicia e relevante con respecto aos centros do mesmo grupo ISEC.
Competencia en
comunicación lingüística
A diferencia do noso centro é relevante con respecto á media
de Galicia e relevante con respecto aos centros do mesmo grupo ISEC.
Competencia no
coñecemento e a interacción co mundo físico:
A diferencia do noso centro é relevante con respecto á media
de Galicia e relevante con respecto aos centros do mesmo grupo ISEC.
En Educación
Secundaria as probas tiveron os seguintes resultados:
Competencia matemática:
A diferencia do noso centro é relevante con respecto á media
de Galicia e relevante con respecto aos centros do mesmo grupo ISEC.
Competencia en comunicación
lingüística
A diferencia do noso centro é superior con respecto á media
de Galicia e superior con respecto aos centros do mesmo grupo ISEC.
Competencia no
coñecemento e a interacción co mundo físico: