6.3.14

MARZO - ABRIL 2014

Estimadas familias,

Este mes da comezo o proceso de admisión do novo alumnado para o curso 2014-2015. Toda a información está na páxina web do colexio ou podedes solicitala na Secretaría do Centro.

O sábado 15 de marzo é o día de Santa Luísa de Marillac, fundadora das Fillas da Caridade e o martes 25 de marzo renovan os seus votos.


O xoves 13 de marzo as familias estades invitadas a unha sesión informativa sobre as novas tecnoloxías no Centro: pizarra dixital e blogs.

As familias e alumnos de 4º ESO terán unha charla organizada polo dpto. de Orientación sobre as opcións e expectativas dos alumnos cara ao próximo curso.


Durante o mes de marzo, e con motivo da semana de Vocación-Misión (10 ao 16),  teremos diferentes actos: unha tómbola solidaria (recadación para as misións das Fillas da Caridade en Filipinas) e venda de rifas para unha beca dunha alumna da misión de Guinea
Estamos rematando o 2º trimestre. Recordade que é tempo de esforzo, traballo e exames. O xoves 27 de marzo entregaránse as notas da 2ª Avaliación.

Este ano, a Open English Class será o venres 21 de marzo ás 15:30h. Os protagonistas serán os alumnos de E.Infantil e 1º ciclo de E.Primaria. Todas as familias estades invitadas.
 
O venres 28 de marzo, día da Reconquista, non haberá clase.

As vacacións de Semana Santa son do 12 ao 21 de abril. As clases rematan o venres 11 ao mediodía, e teremos servizo de comedor.

O mércores 23 de abril, día do Libro, faremos a exposición do proxecto de Flat Stanley. Lembrade que o voso Flat ten que estar de volta o 28 de marzo. Poderedes ver a evolución do proxecto na páxina web do colexio e a exposición no Salón de actos. Ademais teremos un mercado de libros para recadar fondos para Zambia e unha exposición de fotografía dos nosos alumnos lendo.

A Marcha Mariana será o sábado 26 de abril. Estades convidados a participar.
Lembramos os prazos do uniforme e o chándal para os vindeiros cursos:
Curso 2014-2015 – obrigatorio chándal e uniforme en E.Infantil, optativo en E.Primaria e ESO.
Curso 2015-2016 – obrigatorio chándal e uniforme en E.Primaria e optativo en ESO.
Curso 2016-2017 -  obrigatorio chándal e uniforme en ESO.

Un cordial saúdo.                                                                                                            A DIRECCIÓN