17.1.13

XANEIRO - FEBREIRO


Feliz comezo de ano. Estreamos 2013 con moitos proxectos, celebracións e actividades.
O venres 25 de xaneiro, día do NIÑO JESÚS DE PRAGA, seremos solidarios colaborando coa asociación AYUVI que da acollida, apoio e formación a nais sen recursos. Podemos axudar este día ofrecendo un litro de leite para esta asociación. Con tal motivo, as familias de E.Infantil e de 1º, 2º e 3º de E.Primaria están invitadas á representación dun conto para os máis pequenos.

Neste mes de xaneiro celebraremos a INFANCIA MISIONEIRA e o mércores 30 será o día escolar da NON VIOLENCIA E A PAZ, con distintos actos para todos os alumnos.
Xa en febreiro, o venres 1 é a CAMPAÑA CONTRA A FAME. Reflexionamos sobre a pobreza e a fame no mundo. O día do BOCATA é un día de festa xa tradicional no centro para E.Primaria e ESO, facéndonos un pouco máis solidarios cos que máis o necesitan.
Seguimos a traballar nos proxectos solidarios deste curso: reciclaxe de tapóns, material escolar, alimentos…
As vacacións de  ENTROIDO  serán o 11, 12 e 13 de febreiro.

A partires de febreiro teredes a oportunidade de poder utilizar a PLATAFORMA EDUCATIVA ESEMTIA, que facilitará a comunicación das familias co centro con inmediatez e eficacia, tendo acceso a un seguimento máis personalizado dos vosos fillos, con publicación de circulares, notas…
O martes 5 de febreiro convocámosvos a unha charla para explicar o funcionamento desta plataforma. As familias que fixeron a aportación voluntaria serán as que accederán a este servizo do centro.


Un cordial saúdo                                                                     A DIRECCIÓN