Colexio Niño Jesús de Praga. Vigo
Admisións curso 2012-2013
Os prazos dispoñíbeis para a solicitude de ingreso de NOVOS ALUMNOS no Colexio para o vindeiro CURSO ACADÉMICO 2012-2013:
NIVEL ACADÉMICO PRAZO DE SOLICITUDE
Ed. Infantil, Ed. Primaria, ESO do 1 de marzo ao 10 de abril
Aquelas persoas que estean interesadas en que o seu fillo/filla estude no Colexio, deberán recoller na secretaría a información que se precisa dentro do prazo sinalado.
NOTA:
Para solicitar praza para Educación Infantil de 3 anos, cómpre ter nacido no ano 2009.
ENTREGA DE SOLICITUDES:
DE LUNS A VENRES: 09:30 a 12:00
15:00 a 17:30
CRITERIO PRIORITARIOS DE ADMISIÓN NO CASO DE QUE O NÚMERO DE SOLICITUDES SUPERE AS PRAZAS VACANTES
Fontes de información: Decreto do 15 de marzo de 2007 (DOG nº 54 do 16 de marzo)
Orde do 17 de marzo de 2007 (DOG nº 55 do 19 de marzo)
- Existencia de irmáns matriculados no centro ou pais/titores legais que traballen nel. Puntuación
- 5 puntos por un irmán matriculado no centro e 2 por cada un dos seguintes.
(A acreditación farase mediante copia do libro de familia e certificación da dirección do centro)
- 5 puntos por traballar no propio centro (Non acumulables se traballan ambos)
- Proximidade do domicilio familiar ao centro ou do lugar do traballo dos pais/titores.
Se o domicilio familiar se encontra:
- na área de influencia do centro solicitado ....................................................................... 5 p.
- nas áreas limítrofes á área de influencia do centro solicitado ........................................... 2 p.
- noutras áreas ................................................................................................................ 0 p.
(Xustifícase cun certificado de empadroamento expedido polo concello)
Se o lugar de traballo dos pais/titores se encontra:
- dentro da área de influencia do centro ........................................................................... 3 p.
- situado nas áreas limítrofes ás áreas de influencia do centro ........................................... 1 p.
- situado noutras áreas .................................................................................................... 0 p.
(Acredítase mediante un certificado expedido polo titular da empresa e copia do contrato laboral)
- Nivel de renda anual da unidade familiar.
- ingresos iguais ou inferiores ao indicador público de renda de efectos múltiples ............... 3 p.
- ingresos superiores ao indicador público de renda de efectos múltiples ou inferiores
ao duplo deste indicador ............................................................................................... 2 p.
- ingresos superiores ao duplo indicador público de renda de efecto múltiples e
inferiores ao triplo deste indicador ................................................................................. 1 p.
- ingresos iguais ou superiores ao triplo do indicador público de renda de efectos
múltiples ....................................................................................................................... 0 p.
(Na solicitude de inscrición os pais/titores autorizarán expresamente a utilización da información
de carácter tributario que se precisa para a acreditación da renda anual da unidade familiar)
- Valoración da discapacidade
- Puntuación ................................................................................................................. 1 p.
(Puntuarán as discapacidades en grao igual ou superior ao 33% deberá acreditarse mediante a
certificación do ditame emitido polo órgano competente da Xunta de Galicia)
- Valoración da pertenza a familia numerosa.
- Puntuación ................................................................................................................. 1 p.
(Acreditarase mediante fotocopia compulsada do título oficial, en vigor, de familia numerosa)
ÁREA DE INFLUENCIA, ZONA 5
COMPRENDE DENDE O CRUCE DE ISAAC PERAL E CAMIÑO DO VISO, SEGUINDO POLA RÚA SAN XOAN DO MONTE ATA O CRUCE COA RÚA CANTABRIA; E SEGUINDO POLA AVDA. DO AEROPORTO ATA A RÚA TOMÁS ELVIRA E DENDE AQUÍ POLA AVDA. RAMÓN NIETO, RÚA URZÁIZ E RÚA COLÓN ATA O PORTO.