30.11.11

DECEMBRO

Estimadas familias,

Como sabedes, o martes 6, día da Constitución, e o xoves 8, día da Inmaculada non haberá clase.

O curso pasado aplicouse a proba de Avaliación Diagnóstica a tódolos centros da Comunidade Autónoma de Galicia. Os alumnos de 2º ESO e 4º E. Primaria realizaron as probas nas seguintes competencias:
Ø      comunicación lingüística
Ø      matemática
Ø      coñecemento e interacción co mundo físico
Os resultados destas probas no noso centro foron moi positivos, acadando en E. Primaria e E. Secundaria promedios globais superiores á media dos centros de Galicia. Isto supón un aliciente para seguir mellorando e traballando no noso labor académico e educativo.

Como tódolos anos, a ANPA organiza o concurso de postais de Nadal, que estarán expostas no salón de actos do centro dende o xoves 1 de decembro.

Este ano o Colexio participa na 46 edición do concurso de beléns Novacaixagalicia. Podedes ver a exposición dende o 14 de decembro ao 6 de xaneiro na Sala de Exposicións Centro Cultural Novacaixagalicia, Policarpo Sanz, 13.

Os Reis Magos visitarán o noso colexio o venres 16 pola tarde, con sorpresas para todos.

Un ano máis, as Voluntarias da Caridade dende o seu Cuartito Solidario invítannos a participar na campaña de Nadal levando ao centro productos e xoguetes (en bo estado) para as familias con menos recursos. É unha prioridade do centro fomentar a solidariedade nos nosos alumnos.

A festa de Nadal para as familias será o martes 20 ás 15:15h coas actuacións dos alumnos de EI e EP. Os alumnos de ESO participarán na organización e presentación do acto. Unha vez rematado o festival, ás 17:00h, haberá unha merenda organizada pola ANPA para as familias no comedor.

A entrega de notas da 1ª Avaliación será o mércores 21 de decembro.

As vacacións de Nadal comezarán o mércores 21 ao mediodía (haberá servizo de comedor ata as 15:00h) e estaremos de volta o luns 9 de xaneiro.

Como xa vos informamos nas reunións de familias a comezo de curso, este mes entregámosvos o documento da aportación voluntaria que deberá ser entregado cuberto antes do 21 de decembro en Secretaría.
                               
                                   ¡Non te deteñas!
Abre os teus ollos
e o teu corazón
ao Nadal.
Mira ao ceo,
 non busques razóns.
Non trates de entender...
       Sigue a estrela.


Felices festas e bo comezo de ano.
A DIRECCIÓN