30.11.11

DECEMBRO

Estimadas familias,

Como sabedes, o martes 6, día da Constitución, e o xoves 8, día da Inmaculada non haberá clase.

O curso pasado aplicouse a proba de Avaliación Diagnóstica a tódolos centros da Comunidade Autónoma de Galicia. Os alumnos de 2º ESO e 4º E. Primaria realizaron as probas nas seguintes competencias:
Ø      comunicación lingüística
Ø      matemática
Ø      coñecemento e interacción co mundo físico
Os resultados destas probas no noso centro foron moi positivos, acadando en E. Primaria e E. Secundaria promedios globais superiores á media dos centros de Galicia. Isto supón un aliciente para seguir mellorando e traballando no noso labor académico e educativo.

Como tódolos anos, a ANPA organiza o concurso de postais de Nadal, que estarán expostas no salón de actos do centro dende o xoves 1 de decembro.

Este ano o Colexio participa na 46 edición do concurso de beléns Novacaixagalicia. Podedes ver a exposición dende o 14 de decembro ao 6 de xaneiro na Sala de Exposicións Centro Cultural Novacaixagalicia, Policarpo Sanz, 13.

Os Reis Magos visitarán o noso colexio o venres 16 pola tarde, con sorpresas para todos.

Un ano máis, as Voluntarias da Caridade dende o seu Cuartito Solidario invítannos a participar na campaña de Nadal levando ao centro productos e xoguetes (en bo estado) para as familias con menos recursos. É unha prioridade do centro fomentar a solidariedade nos nosos alumnos.

A festa de Nadal para as familias será o martes 20 ás 15:15h coas actuacións dos alumnos de EI e EP. Os alumnos de ESO participarán na organización e presentación do acto. Unha vez rematado o festival, ás 17:00h, haberá unha merenda organizada pola ANPA para as familias no comedor.

A entrega de notas da 1ª Avaliación será o mércores 21 de decembro.

As vacacións de Nadal comezarán o mércores 21 ao mediodía (haberá servizo de comedor ata as 15:00h) e estaremos de volta o luns 9 de xaneiro.

Como xa vos informamos nas reunións de familias a comezo de curso, este mes entregámosvos o documento da aportación voluntaria que deberá ser entregado cuberto antes do 21 de decembro en Secretaría.
                               
                                   ¡Non te deteñas!
Abre os teus ollos
e o teu corazón
ao Nadal.
Mira ao ceo,
 non busques razóns.
Non trates de entender...
       Sigue a estrela.


Felices festas e bo comezo de ano.
A DIRECCIÓN



MENÚ COMEDOR DECEMBRO

luns
martes
mércores
xoves
venres





1
Espaguetis con tomate
Hamburguesa, ensalada e ketchup
Natillas
2
Crema de cenoria
Arroz branco con bonito     .
Froita
5
Alubias estofadas
Empanada de bonito          .
Iogur
6

FESTIVO
7
Crema de cenoria
Croquetas con xamón e ensalada                     
Froita
8

FESTIVO
9
Sopa de pasta
Pescada á romá con patacas e ensalada
Natillas
12
Crema de cenoria
Polo asado con patacas fritidas                     .
Iogur
13
Lentellas vexetais
Hamburguesa con tomate e ensalada                            .
Froita
14
Espaguetis con tomate
Filete de peituga con ensalada e patatillas                                                                
Natillas
15
Crema de verduras
Filede de pescado con patacas fritidas e ensalada           
Galletas con queixiño e marmelada
16
Fideos con carne
Pizza, leituga e tomate      .

Froita
19
Crema de calabacín
Arroz branco con atún     .
Iogur
20
Macarróns con tomate
San Jacobos con ensalada                    
Flan
21
Sopa de pasta
Tortilla francesa e slchicas                .
Froita e postre sorpresa


CAMPAÑA DE NADAL - CUARTITO SOLIDARIO

As voluntarias da Caridade piden a colaboración das familias (a través dos seus fillos) especialmente nestas datas. Para iso, os alumnos levarán unhas bolsas que poderán traer ata o 15 de decembro ao centro con productos típicos de Nadal. Así poderemos conseguir entre todos que moitas familias sen recursos poidan CELEBRAR O NADAL. Conseguiredes ser...
         !PAPA NOEL POR UN DÍA!
                                              Gracias pola vosa colaboración.

28.11.11

CHARLA-COLOQUIO FAMILIAS E.INFANTIL Y E.PRIMARIA (1º CICLO)

O vindeiro martes 26 de novembro, terá lugar a charla-coloquio dirixida ás familias do alumnado de Educación Infantil e Primeiro ciclo de Educación Primaria (1º e 2º EP) organizada dende o depto. de orientación do centro.


O tema será A AUTONOMÍA PERSOAL dos nenos e aportaránse pautas para poder levar a cabo na casa, xa que consideramos fundamental que as aprendizaxes escola-casa vaian parexas.


Será no Salón de Actos ás 16:00h.

1.11.11

NOVEMBRO

Comezamos o mes de novembro celebrando cos máis pequenos a festa de Samaín e Halloween. Grazas aos pais e nais de E. Infantil pola vosa participación no concurso de cabazas, onde estivo presente a vosa imaxinación e creatividade.
As familias estades invitadas ao VII Encuentro Nacional de pais/nais de alumnos/as en Salamanca os días 11, 12 e13. O tema: Parentalidad positiva. ¡Animádevos!
O venres 11 de novembro pola tarde festexamos o Magosto con castañas e froitos secos do outono.
O Departamento de Música organizará actividades para celebrar o día da música (Santa Cecilia) o martes 22.
O venres 25  celebraremos a Milagrosa  cun  acto no colexio aberto ás familias de EP.
Informamos dos nosos venres solidarios. Cada curso, de 5º a 4ºESO, vai dinamizar un proxecto solidario. O material será recollido dous venres de cada mes. Facer aos alumnos máis solidarios é un obxectivo importante do centro.
·          5ºEP - material escolar novo
·          6ºEP - cartuchos impresora
·          1ºESO – material escolar usado
·          2ºESO – tapóns
·          3ºESO – alimentos
·          4º ESO – uniformes e chándal
Como sabedes, este ano comezamos coas seccións bilingües no colexio. A partir deste mes contamos cun auxiliar de conversa que reforzará a competencia oral dos alumnos desde E. Infantil (3 anos) a 4º ESO.
Grazas pola vosa colaboración no Domund.
A Dirección