15.2.11

Colexio Niño Jesús de Praga. Vigo
Admisións curso 2011-2012

Os prazos dispoñíbeis para a solicitude de ingreso de NOVOS ALUMNOS no Colexio para o vindeiro CURSO ACADÉMICO 2011-2012:

  

NIVEL ACADÉMICO

PRAZO DE SOLICITUDE

Ed.Infantil, Ed.Primaria, ESO


do 1 ao 31 de marzo
                          
Aquelas persoas que estean interesadas en que o seu fillo ou a súa filla estude no Colexio, deberán recoller na secretaría a información que se precisa dentro do prazo sinalado.
NOTA:
Para solicitar praza para Educación Infantil de 3 anos, cómpre ter nacido no ano 2008.

DOCUMENTO PARA A SOLICITUDE DE ADMISIÓN 
ANEXO II

Para descargar o ANEXO II clique no seguinte enderezo:

http://www.edu.xunta.es/web/sites/web/files/protected/content_type/advertisement/2010/03/04/20070319_admision_alumnado_anexoii_.pdf



CRITERIOS PRIORITARIOS DE ADMISIÓN NO CASO DE QUE O NÚMERO DE SOLICITUDES SUPERE AS PRAZAS VACANTES

Fontes de información: Decreto do 15 de marzo de 2007 (DOG nº 54 do 16 de marzo)
                                             Orde do 17 de marzo de 2007 (DOG nº 55 do 19 de marzo)

  • Existencia de irmáns matriculados no centro ou pais/titores legais que traballen nel. Puntuación:
- 5 puntos por un irmán matriculado no centro e 2 por cada un dos seguintes.
(A acreditación farase mediante copia do libro de familia e certificación da dirección do centro)
- 5 puntos por traballar no propio centro (No acumulables se traballan ambos)

  • Proximidade do domicilio familiar ao centro ou do lugar do traballo dos pais/titores.
            Se o domicilio familiar se encontra:
- na área de influencia do centro solicitado...................................5 p.
- nas áreas limítrofes á área de influencia do centro solicitado...2 p.
- noutras  áreas ..............................................................................0 p.
(Sustifícase cun certificado de empadroamento expedido polo concello)
Se o lugar de traballo dos pais/titores se encontra:
- dentro da área de influencia do centro........................................3 p.
- situado nas áreas limítrofes ás áreas de influencia do centro...1 p.
- situado noutras áreas...................................................................0 p.
(Acreditarase mediante un certificado expedido polo titular de empresa e unha copia do contrato laboral)

  • Nivel de renda anual da unidade familiar.
- ingresos iguais ou inferiores ao indicador público de renda de efectos múltiples...............................................................................3 p.
- ingresos superiores ao indicador público de renda de efectos múltiples e inferiores ao duplo deste indicador..............................2 p.
- ingresos superiores ao duplo  indicador público de renda de efectos múltiples e inferiores ao triplo deste indicador..............................1 p.
- ingresos iguais ou superiores ao triplo do indicador público de renda de efectos múltiples...............................................................0 p.
(Na solicitude de inscrición os pais/titores autorizarán expresamente a utilización da información de carácter  tributario que se precisa para a acreditación da renda anual da unidade familiar)

  • Valoración da discapacidade
- Puntuación.....................................................................................1 p.
(Puntuarán as discapacidades en grao igual ou superior ao 33% deberá acreditarse mediante a certificación do ditame emitido polo órgano competente da Xunta de Galicia)
  • Valoración da pertenza a familia numerosa.
- Puntuación...........................................................................................1 p.
(Acreditarase mediante fotocopia compulsada do título oficial, en vigor, de familia numeosa)


ÁREA DE INFLUENCIA, ZONA 5

COMPRENDE DENDE O CRUCE DE ISAAC PERAL E CAMIÑO DO VISO, SEGUINDO POLA RÚA SAN XOAN DO MONTE ATA O CRUCE COA RÚA CANTABRIA; E SEGUINDO POLA AVDA. DO AEROPORTO ATA A RÚA TOMÁS ELVIRA E DENDE AQUÍ  POLA AVDA. RAMÓN NIETO, RÚA URZAIZ E RÚA COLÓN ATA O PORTO.