21.3.12

FORMACIÓN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Informámosvos que a Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria convoca 2.495 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2012.
Tedes a información no enlace
http://www.edu.xunta.es/axudasle

6.3.12

MARZO-ABRIL 2012

Estimadas familias,

Este mes da comezo o proceso de admisión de alumnado para o curso 2012-2013. Toda a información está na páxina web do colexio - blog para as familias.

Queremos agradecervos a vosa solidariedade pola recaudación
da campaña da Infancia Misioneira - 490 euros e a Campaña contra a fame
- 670 euros.

O xoves 15 de marzo celebramos o día de Santa Luisa de Marillac, fundadora das Fillas da Caridade. Haberá unha charla para as familias sobre a tarefa de educar en valores cristiáns. Ás 17:00 temos unha merenda compartida para a Comunidade educativa.

O venres 16, os alumnos de 1º de ESO organizan unha tómbola solidaria na que participan todos os cursos. Coa recaudación colaboraremos cun proxecto solidario vicenciano.

O luns 26 de marzo é o día de renovación de votos das Fillas da Caridade. Invitamos ás familias a un acto na capela ás 9:30h, xunto con 5º de E.Primaria e 1º de ESO.

O mércores 28 de marzo non haberá clase, é o día da Reconquista de Vigo.

Estamos rematando o segundo trimestre, é tempo de traballo, esforzo, exames… Lembramos que o día 30 de marzo entréganse as notas desta 2ª avaliación.

Os alumnos de 4º ESO viaxarán a Lisboa do 26 ao 30 de marzo como saída cultural de fin de curso.

As vacacións de Semana Santa comezan o venres 30 de marzo ao mediodía (haberá servizo de comedor) e rematan o luns 9 de abril. Voltamos ao colexio o martes 10 de abril.

O martes 20 de abril haberá un mercado de venta de libros para un proxecto de adquisición de material escolar para Zambia.

O luns 23 de abril festexamos o día do libro. Traballaremos cos alumnos distintas actividades neste día.

Lembrade que o día 30 de abril non haberá clase por ser o día non lectivo elixido polo centro.

Un cordial saúdo
A DIRECCIÓN

29.2.12

DATAS DO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO 2012-2013

PROCESO DE ADMISIÓN DE NOVO
ALUMNADO
CURSO 2012-2013


DO 1  DE MARZO AO 10 DE ABRIL
Presentación de solicitudes de admisión.
(Artigo 9 da Orde)

DO 11 AO 20 DE ABRIL
Presentación da documentación
acreditativa dos criterios de admisión.
(Artigo 13 da Orde)

DO 26 AO 30 DE ABRIL
Reunión do Consello Escolar.
Publicación de listaxes provisionais.
Reclamacións.
(Artigo 32.5 da Orde)

ANTES DO 11 DE MAIO
Publicación de listaxes definitivas.

DO 20 AO 30 DE XUÑO
Prazos de matrícula E.Infantil e E.Primaria.
(Artigo 52 da Orde)

DO 25 DE XUÑO AO 10 DE XULLO
Prazos matrícula ESO.
(Artigo 52 da Orde)

Só se pode presentar unha única solicitude no centro de primeira opción.

16.2.12

ADMISIÓN DE ALUMNOS CURSO 2012-13

OFERTA DE POSTOS ESCOLARES 2012-2013


NIVEIS


OFERTAS DE POSTOS ESCOLARES


POSTOS VACANTES
(01/03/12)*
Anos
22 + 3
22 + 3
Anos
25
-
Anos
25
-
1º EP
22+3
-
2º EP
25
-
3º EP
25
-
4º EP
25
1
5º EP
25
-
6º EP
25
-
1º ESO
27 + 3
PRAZAS DISPOÑIBLES
2º ESO
30
PRAZAS DISPOÑIBLES
3º ESO
30
PRAZAS DISPOÑIBLES
4º ESO
30
PRAZAS DISPOÑIBLES

* Estes postos vacantes poden variar ao longo de todo o curso. Actualizaranse regularmente.



XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Aquelas familias que estean interesadas en facer unha visita ao Centro para ter un maior coñecemento do noso proxecto educativo, as instalacións, os servizos ofertados…, poden vir ás visitas guiadas que terán lugar os vindeiros 24 de febreiro e 9 de marzo ás 15:30h.

15.2.12

MATRÍCULA 2012-2013

Colexio Niño Jesús de Praga. Vigo
Admisións curso 2012-2013

Os prazos dispoñíbeis para a solicitude de ingreso de NOVOS ALUMNOS no Colexio para o vindeiro CURSO ACADÉMICO 2012-2013:

                                NIVEL ACADÉMICO                    PRAZO DE SOLICITUDE
         
                           Ed. Infantil, Ed. Primaria, ESO                  do 1 de marzo ao 10 de abril

Aquelas persoas que estean interesadas en que o seu fillo/filla estude no Colexio, deberán recoller na secretaría a información que se precisa dentro do prazo sinalado.

NOTA:
Para solicitar praza para Educación Infantil de 3 anos, cómpre ter nacido no ano 2009.

ENTREGA  DE SOLICITUDES:
DE LUNS A VENRES:      09:30 a 12:00
                                          15:00 a 17:30

CRITERIO PRIORITARIOS DE ADMISIÓN NO CASO DE QUE O NÚMERO DE SOLICITUDES SUPERE AS PRAZAS VACANTES

Fontes de información: Decreto do 15 de marzo de 2007 (DOG nº 54 do 16 de marzo)
                                   Orde do 17 de marzo de 2007 (DOG nº 55 do 19 de marzo)
  • Existencia de irmáns matriculados no centro ou pais/titores legais que traballen nel. Puntuación
         - 5 puntos por un irmán matriculado no centro e 2 por cada un dos seguintes.
           (A acreditación farase mediante copia do libro de familia e certificación da dirección do centro)
         - 5 puntos por traballar no propio centro (Non acumulables se traballan ambos)
  • Proximidade do domicilio familiar ao centro ou do lugar do traballo dos pais/titores. 
          Se o domicilio familiar se encontra:
          - na área de influencia do centro solicitado ....................................................................... 5 p.
          - nas áreas limítrofes á área de influencia do centro solicitado ........................................... 2 p.
          - noutras áreas ................................................................................................................ 0 p.
         (Xustifícase cun certificado de empadroamento expedido polo concello)
          Se o lugar de traballo dos pais/titores se encontra:
          - dentro da área de influencia do centro ........................................................................... 3 p.
          - situado nas áreas limítrofes ás áreas de influencia do centro ........................................... 1 p.
          - situado noutras áreas .................................................................................................... 0 p.
         (Acredítase mediante un certificado expedido polo titular da empresa e copia do contrato laboral)
  • Nivel de renda anual da unidade familiar.
         - ingresos iguais ou inferiores ao indicador público de renda de efectos múltiples ............... 3 p.
         - ingresos superiores ao indicador público de renda de efectos múltiples ou inferiores
           ao duplo deste indicador ............................................................................................... 2 p.
         - ingresos superiores ao duplo indicador público de renda de efecto múltiples e
           inferiores ao triplo deste indicador ................................................................................. 1 p.
         - ingresos iguais ou superiores ao triplo do indicador público de renda de efectos
           múltiples ....................................................................................................................... 0 p.
         (Na solicitude de inscrición os pais/titores autorizarán expresamente a utilización da información
         de carácter tributario que se precisa para a acreditación da renda anual da unidade familiar)
  •  Valoración da discapacidade
          - Puntuación ................................................................................................................. 1 p.
          (Puntuarán as discapacidades en grao igual ou superior ao 33% deberá acreditarse mediante a
           certificación do ditame emitido polo órgano competente da Xunta de Galicia)
  • Valoración da pertenza a familia numerosa.
          - Puntuación ................................................................................................................. 1 p.
          (Acreditarase mediante fotocopia compulsada do título oficial, en vigor, de familia numerosa)


ÁREA DE INFLUENCIA, ZONA 5

COMPRENDE DENDE O CRUCE DE ISAAC PERAL E CAMIÑO DO VISO, SEGUINDO POLA RÚA SAN XOAN DO MONTE ATA O CRUCE COA RÚA CANTABRIA; E SEGUINDO POLA AVDA. DO AEROPORTO ATA A RÚA TOMÁS ELVIRA E DENDE AQUÍ POLA AVDA. RAMÓN NIETO, RÚA URZÁIZ E RÚA COLÓN ATA O PORTO.

23.1.12

XANEIRO - FEBREIRO

Comezamos un novo ano cheo de proxectos, tarefas, celebracións e traballo.
 Estas son algunhas das actividades que temos previstas para os vindeiros meses.

XANEIRO
·         venres 20 día da Infancia Misioneira
Cos nenos de América… falamos de Xesús. É a cuarta etapa do percorrido dos nenos da Infancia Misioneira polos cinco continentes. É o turno de América, un continente máis achegado para os nenos de España. Dende a Patagonia ata Alaska falaremos de amor, entrega, vitalidade e misión.

·         mércores 25 día do Niño Jesús de Praga
A devoción ao Niño Jesús de Praga remóntase ao século XVII. Foi chamado
O pequeno grande e a súa reputación miragreira estendeuse por toda Europa.
Este día especial para o colexio lembrámolo toda a comunidade educativa.

·         luns 30 día escolar da Non-violencia e da Paz
Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño. O 30 de xaneiro de 1948 foi asasinado Mahatma Gandhi. Pola súa búsqueda dun mundo mellor e en paz, esta data foi escollida polas Nacións Unidas para conmemorar o Día mundial da Paz.

FEBREIRO
·         venres10  campaña contra a fame
Reflexionamos sobre a erradicación da pobreza extrema e a fame no mundo como o primeiro obxectivo de desenvolvemento do Milenio. O día do bocata é un día de festa xa tradicional no colexio no que todos implicámonos sendo un pouco máis solidarios a través desta campaña.

·         venres 17  festa do Entroido
Todos os alumnos de Educación Primaria e Infantil celebran este día de festa. Haberá un desfile e poderán probar os productos típicos destas datas que elaborarán os alumnos da ESO.

·         20 - 21- 22 vacacións de Entroido

A través das seccións bilingues e o axudante de conversa tratamos de fomentar
e mellorar a competencia lingüística en inglés dos alumnos.

Continuamos cos proxectos solidarios: reciclaxe de tapóns,
material escolar (usado e novo), chándals, alimentos…