Este
mes de marzo comeza o proceso de admisión de alumnado para o curso
2015-2016.
A
información está na páxina web do colexio, no blog de familias.
|
O día 15 de marzo é o día de
Sta. Luisa de Marillac, fundadora das Fillas da Caridade.
A
semana do 16 ao 19 de marzo, semana de vocación-misión, teremos distintas
actividades preparadas dende o departamento de Pastoral.
O
día 24 o grupo de 1ºESO organiza unha tómbola solidaria na que participan
todos os cursos. Coa recadación obtida colaboraremos cun proxecto de
desenvolvemento nunha misión vicenciana.
|
Festexaremos
o día da Reconquista o xoves 19 de marzo.
Os
alumnos de 3º e 4º de E.Primaria van participar no I Desfile Infantil da Reconquista, organizado pola Asociación
de Veciños do Casco Vello. Haberá obradoiros de percusión no colexio e
actuacións musicais fóra.
O
venres 20 de marzo non haberá clase.
|
Lembramos
que estamos rematando o segundo trimestre. É momento de traballo, esforzo,
exames…
O
venres 27 de marzo entregaránse as notas desta Avaliación.
|
As
vacacións de Semana Santa comezan o venres 27 de marzo e rematan o luns 6
de abril. Voltaremos ao colexio o martes 7 de abril.
Os
alumnos de 4ºESO farán a súa viaxe de fin de estudos na primeira semana de
abril.
|
O
martes 17 de marzo haberá unha charla de Orientación para as familias e os
alumnos de 4ºESO. Tratase de informar sobre os itinerarios educativos unha
vez rematada a ESO: bacharelato, formación profesional, etc.
Aproveitamos
para felicitar polos seus bos resultadosaos exalumnos de 4ºESO que están
facendo bacharelato, destacando tres deles que tiveron os mellores
expedientes na 1ª Avaliación.
|
O
xoves 23 de abril celebraremos o día do libro.
|
Este
mes estreamos páxina web. Darémosvos o enlace a través da plataforma.
|
Un saúdo.
A DIRECCIÓN
|