27.9.14

SETEMBRO - OUTUBRO 2014

Estimadas familias, dámosvos a benvida ao novo curso informándovos do máis relevante destes dous primeiros meses.

En primeiro lugar, o cambio na Dirección Titular do Centro: Sor Rosario González Alonso é a nova directora. Agradecemos a Sor Carmen Lorenzo Costas toda a súa dedicación ao centro durante estes anos. 

Celebramos a apertura do novo curso escolar 2014-2015 coa festa de San Vicente de Paúl, o noso patrono. As familias de E.Infantil estades invitadas a participar nun acto na capela do Colexio ás 9:15h. As familias de E.Primaria podedes asistir a unha eucaristía na parroquia do Sagrado Corazón ás 9:30h. Ademais das actividades deportivas,e dentro dos actos previstos, está o sorteo dunha camiseta do R.C.Celta de Vigo asinada por todos os xogadores. A recaudación obtida irá integramente a unha beca de estudos para unha rapaza na Misión das Fillas da Caridade en Guinea.

O valor educativo vicenciano que traballaremos durante este curso é o sentido crítico, baixo o lema: O que a ti te move, móvese contigo; se crítico! Trataremos de fomentar este valor como xeito de percibir a realidade, buscar a verdade e chegar a ser persoas trascendentes, libres e creativas.

Outra novidade é a plataforma educativa que estreamos este ano: EDUCAMOS.En breve teredes á vosa disposición as claves de acceso para poder estar informados do máis importante sobre a actividade educativa dos vosos fillos no colexio.

Como é costume, teredes unha reunión cos titores en outubro, na que vos contarán como se vai desenvolver o curso e recibiredes unha axenda informativa. Estas son as datas e horario das reunións:

 E.Infantil – xoves 2 de outubro ás 17:15h.
 E.Primaria – martes 7 de outubro ás 17:15h.
 ESO – xoves 9 de outubro ás 17:15h.

Antes destas reunións cos titores nas aulas, haberá un primeiro encontro de benvida co Equipo Directivo no salón de actos do colexio ás 16:30h.

É importante que pasedes por Secretaría para formalizar o Seguro Escolar e o Material Escolar. Neste mes recibiredes información das actividades extraescolares promovidas pola ANPA e a data de reunión de principio de curso. 

Moitas grazas por confiar e colaborar co centro.

Un saúdo                                                        A DIRECCIÓN
                                             

4.9.14

INFORMACIÓN FAMILIAS 2014-2015


Inicio de curso E.Infantil (3 anos) …. 10 setembro (9:15-12:00h)
Inicio de curso E.Infantil ……………. 10 setembro (9:00-13:00h)
Inicio de cuso E.Primaria …………... 10 setembro (9:00-13:00h)
Inicio de curso ESO ……………….... 15 setembro (8:30-13:00h)

Entrega de notas ESO ………….... 9 de setembro (9:30-11:00h)
Reunión de familias 4º E.Infantil (3 anos)... 4 setembro (11:00h)
Comezo comedor escolar …………………….……. 11 setembro
Comezo servizo atención matinal …...15 setembro (8:20-9:30h)

           



                                 HORARIO ESCOLAR SETEMBRO

              .
              Educación Infantil …………….. 9:00 a 13:50h
          Educación Primaria …………... 9:00 a 14:00h
          ESO ...………………...…………….. 8:30 a 13:50h


          
             Horario de secretaría: 9:00 a 12:00h