Comezamos este mes de maio cun concurso de redacción organizado pola ANPA para os alumnos de 3º de EP a 4º de ESO. Haberá premios para as mellores composións escritas.
Os alumnos de 4º de EP e 2º de ESO realizarán este mes as probas de avaliación diagnóstica
Os grupos de JMV de 2º e 3º de ESO viaxarán a Madrid do 24-27 de maio, onde teñen un encontro nacional con outros grupos de xóvenes.
O mes de maio celebramos o mes de María con diferentes actividades para os distintos cursos.
O xoves 17 de maio é o día das Letras Galegas, adicado este ano a Valentín Paz Andrade. Celebrarémolo no colexio o venres 18 con distintas actividades.
Poderedes disfrutar da exhibición de actividades extraescolares dos vosos fillos o 31 de maio.
O festival de fin de curso será o xoves 14 de xuño no teatro Salesianos.
Saída a Cíes organizada pola ANPA para familias-colexio a domingo 17 de xuño.
Entrega orlas 3º EI e 6º EP – mércores 20 xuño ás 16:00h .
Acto de despedida e entrega orlas 4º ESO – xoves 21 ás 16:00h .
Algunhas datas de interese en xuño:
Fin de curso - venres 22
Entrega de notas EI/EP - venres 22
Entrega de notas ESO – luns 25
Os alumnos da ESO farán, como remate de curso, unha saída de sendeirismo o venres 22 de xuño.
Como novidade, este próximo curso poderedes adquirir os libros de texto no colexio. Recibiredes próximamente máis información.
Un cordial saúdo