21.3.12

FORMACIÓN LINGUAS ESTRANXEIRAS

Informámosvos que a Consellería de Cultura e Ordenación Universitaria convoca 2.495 prazas para realizar actividades de formación en linguas estranxeiras para o alumnado no ano 2012.
Tedes a información no enlace
http://www.edu.xunta.es/axudasle

6.3.12

MARZO-ABRIL 2012

Estimadas familias,

Este mes da comezo o proceso de admisión de alumnado para o curso 2012-2013. Toda a información está na páxina web do colexio - blog para as familias.

Queremos agradecervos a vosa solidariedade pola recaudación
da campaña da Infancia Misioneira - 490 euros e a Campaña contra a fame
- 670 euros.

O xoves 15 de marzo celebramos o día de Santa Luisa de Marillac, fundadora das Fillas da Caridade. Haberá unha charla para as familias sobre a tarefa de educar en valores cristiáns. Ás 17:00 temos unha merenda compartida para a Comunidade educativa.

O venres 16, os alumnos de 1º de ESO organizan unha tómbola solidaria na que participan todos os cursos. Coa recaudación colaboraremos cun proxecto solidario vicenciano.

O luns 26 de marzo é o día de renovación de votos das Fillas da Caridade. Invitamos ás familias a un acto na capela ás 9:30h, xunto con 5º de E.Primaria e 1º de ESO.

O mércores 28 de marzo non haberá clase, é o día da Reconquista de Vigo.

Estamos rematando o segundo trimestre, é tempo de traballo, esforzo, exames… Lembramos que o día 30 de marzo entréganse as notas desta 2ª avaliación.

Os alumnos de 4º ESO viaxarán a Lisboa do 26 ao 30 de marzo como saída cultural de fin de curso.

As vacacións de Semana Santa comezan o venres 30 de marzo ao mediodía (haberá servizo de comedor) e rematan o luns 9 de abril. Voltamos ao colexio o martes 10 de abril.

O martes 20 de abril haberá un mercado de venta de libros para un proxecto de adquisición de material escolar para Zambia.

O luns 23 de abril festexamos o día do libro. Traballaremos cos alumnos distintas actividades neste día.

Lembrade que o día 30 de abril non haberá clase por ser o día non lectivo elixido polo centro.

Un cordial saúdo
A DIRECCIÓN