Comezamos un novo ano cheo de proxectos, tarefas, celebracións e traballo.
Estas son algunhas das actividades que temos previstas para os vindeiros meses.
XANEIRO
Cos nenos de América… falamos de Xesús. É a cuarta etapa do percorrido dos nenos da Infancia Misioneira polos cinco continentes. É o turno de América, un continente máis achegado para os nenos de España. Dende a Patagonia ata Alaska falaremos de amor, entrega, vitalidade e misión.
· mércores 25 día do Niño Jesús de Praga
A devoción ao Niño Jesús de Praga remóntase ao século XVII. Foi chamado
O pequeno grande e a súa reputación miragreira estendeuse por toda Europa.
Este día especial para o colexio lembrámolo toda a comunidade educativa.
· luns 30 día escolar da Non-violencia e da Paz
Non hai camiño para a paz, a paz é o camiño. O 30 de xaneiro de 1948 foi asasinado Mahatma Gandhi. Pola súa búsqueda dun mundo mellor e en paz, esta data foi escollida polas Nacións Unidas para conmemorar o Día mundial da Paz.
FEBREIRO
· venres10 campaña contra a fame
Reflexionamos sobre a erradicación da pobreza extrema e a fame no mundo como o primeiro obxectivo de desenvolvemento do Milenio. O día do bocata é un día de festa xa tradicional no colexio no que todos implicámonos sendo un pouco máis solidarios a través desta campaña.
· venres 17 festa do Entroido
Todos os alumnos de Educación Primaria e Infantil celebran este día de festa. Haberá un desfile e poderán probar os productos típicos destas datas que elaborarán os alumnos da ESO.
· 20 - 21- 22 vacacións de Entroido
A través das seccións bilingues e o axudante de conversa tratamos de fomentar
e mellorar a competencia lingüística en inglés dos alumnos.
Continuamos cos proxectos solidarios: reciclaxe de tapóns,
material escolar (usado e novo), chándals, alimentos…