Estimadas familias, comezamos un novo curso cheo de ilusión e novos proxectos. Nesta primeira circular aproveitamos para saudarvos e informarvos da nosa vida escolar estes meses de setembro e outubro.
O martes 27 de setembro é o día do noso patrón San Vicente de Paúl, e comezaremos a xornada cunha celebración para EI e EP no patio onde estades invitadas tódalas familias de 9:00 a 9:30h. O resto do día tódolos alumnos terán actividades programadas relacionadas co valor deste curso: a verdade e tamén coa vida de San Vicente, comprometido sempre cos máis necesitados. Os alumnos de ESO terán asímesmo unha pequena celebración de apertura de curso.
Este mesmo día ás 20:00h haberá unha eucaristía na parroquia do Sagrado Corazón e, para rematar coa festa, teremos un aperitivo para toda a comunidade no comedor do colexio, onde estades todos convidados.
Lembramos que tedes unha cita cos titores dos vosos fillos na primeira semana de outubro para informarvos máis pormenorizadamente sobre o curso:
e. infantil: luns 3 de outubro no salón de actos co equipo directivo ás 16.30 e na clase coa titora ás 17.15
e. primaria: martes 4 de outubro no salón de actos co equipo directivo ás 16.30 e na clases coa titora ás 17.15
ESO: xoves 6 de outubro de outubro no salón de actos co equipo directivo ás 16.30 e na clases coa titora ás 17.15
Durante o mes de outubro estamos invitados á marcha aspanaex e como colexio que educa en valores comezaremos coas nosas campañas de solidariedade das que estaredes informados: domund, campaña de reciclaxe…
Moitas grazas pola vosa colaboración e feliz curso a todos.